Boiro amosa cada ano un maior interese pola micoloxía

    BOIRO > A Casa da Cultura de Boiro acolleu a inauguración da VII Edición das Xornadas Micolóxicas, organizadas pola concellería de Cultura.

    Nesta primeira xornada, os participantes introducíronse no coñecemento das diversas especies de fungos e cogomelos así como as súas diversas utilidades. A vindeira sesión centrarase na problemática ecolóxica que rodea a estas especies tan abondosas nos montes galegos. As xornadas continuarán con dúas saídas guiadas, que terán lugar os días catro e once de novembro. Nestas excursións, os participantes saíran ó monte co obxectivo de recoñecer ‘in situ’ as distintas variedades.

    Ademais como novidade, nesta oitava edición terá lugar un obradoiro gastronómico que se desenvolverá no comedor do colexio Praia Xardín o día dez de novembro. O prezo para participar nesta actividade será de dez euros e o número de prazas é limitado polo que se respectará a orde de inscrición.

    Estas xornadas, que se veñen desenvolvendo dende hai oito anos no concello boirés, constitúen xa unha cita obrigada no seu outono cultural. O número de participantes é cada vez superior debido ó interese que foi adquirindo a micoloxía nos últimos anos. De feito, o concello de Boiro e a comarca do Barbanza en xeral, presentan unha importante tradición no estudo dos cogomelos debido á abundancias destas especies na serra barbanzá.

    Redacción Barbanza