Da horta de Vista Real ó comedor social de Vilagarcía

    VILANOVA> Os alumnos do obradoiro de Agricultura Ecolóxica de Vilanova fixeron entrega esta mañá a Cáritas de gran parte dos seus cultivos. Trátase de distintas hortalizas e verduras que servirán para abastecer o comedor social de Vilagarcía. Unhas corenta leitugas, trinta rúculas e outros tantos canónigos…Son as verduras frescas que hoxe se incorporan ó abastecemento do comedor social de Vilagarcía, que cada día da de comer a máis de 50 persoas cada día. Os encargados do seu cultivo, estes 12 alumnos e alumnas do obradoiro de emprego do concello de Vilanova, centrado na Agricultura Ecolóxica. Trátase da primeira entrega do acordo que o concello de Vilanova firmou con Cáritas Interparroquial Arousa, polo que se lle doarán as colleitas deste obradoiro.Para Cáritas este apoio do concello de Vilanova é fundamental para poder axudar a tódalas familias sen recursos que se achegan cada día ó comedor social. O pazo de Vista Real acolle desde finais de novembro este Obradoiro do concello vilanovés, que rematará no mes de maio. Ademais de amosar a súa faceta máis solidaria coa entrega desta mañá, os 12 alumnos, profesionais xa da agricultura ecolóxica, teñen como obxectivo esencial a incorporación ó mercado laboral tralo remate do curso. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/entrega_caritas_obradoiro_vilanova_30032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/30/entrega_caritas_obradoiro_vilanova_30032017.mp4{/flowplayer}