RIBEIRA> Ribeira porá en valor os seus mitos e lendas a través dunha ruta guiada polo polifacético Tonhito de Poi. Ademais dun percorrido por lugares cheos de misterio, o público disfurtará dun concerto e unha cea.
Off
A inxente tradición mitolóxica que aínda pervive en Ribeira fai desta terra un lugar máxico e cargado de lendas. Así o entendeu a concellería de Turismo que vén de poñer en marcha unha ruta de mitos e lendas que estará guiada por Tonhito de Poi.
As rutas desenvolverase en catro datas: o 12 de xullo, 3 e 24 de agosto e 14 de setembro, a partir das sete da tarde.Ó remate da ruta terá lugar un concerto e serviranse uns petiscos para os participantes.
Inserto
Por cuestións de aforo aconséllase reservar praza previamente na oficina de turismo do Malecón.











