A Xunta non ampliará o Hospital do Salnés en 2007

    SALNÉS > Tampouco vai desta a ampliación do Hospital comarcal do Salnés. O deputado autonómico polo PSOE Modesto Pose explicou hoxe que nos Orzamentos Xerais da Xunta para 2007 só figura unha partida de 18 millóns

    modestopose_300_021106.jpg…18 millóns de euros e confirmou que, de momento, non se prevé a ampliación nin a mellora da UCI e urxencias. A Xunta segue á espera do Plan Funcional do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

    Foi a razón que deu hoxe Modesto Pose, deputado socialista no Parlamento de Galicia, despois de recoñecer que tampouco se contempla nos presupostos da Xunta para 2007 a ampliación do Hospital comarcal do Salnés. Segundo as súas estimacións, o plan funcional podería estar listo en dous meses e confía en que recolla as medidas básicas para ampliar o centro e mellorar servizos como Urxencias e Coidados Intensivos. Modesto Pose defendeu hoxe os Orzamentos Xerais da Xunta para 2007, destacando para o Salnés actuacións concretas como a autovía Pontevedra Vilagarcía, con 3,5 millóns de euros para a redacción do proxecto, para a fase de licitación e incluso para expropiacións.

    Tamén resaltou a variante de Vilagarcía e a súa conexión co novo vial ó porto, ou a autovía do Salnés. Ademais Pose sinalou que o Salnés tamén se beneficiará de partidas xenéricas en materia de Educación, Políticas Sociais, ou Emprego, entre outras.

    Redacción Salnés