O Plan de Ordenación do Litoral non terá incidencia na Pobra

    polpobra.jpgA POBRA> A avaliación da alegacións presentadas polo executivo local demostrou a compatibilidade entre o Plan Xeral de Ordenación Municipal e O Plan do Litoral.

    A Xunta de Galicia confirmou que a nova normativa do Litoral, o coñecido como POL, non terá impacto no municipio da Pobra, así como tampouco afectará ó resto de municipios galegos, cinco en total, que aprobaron recentemente os seus Plan de Ordenación Municipais (PXOM).

    {flowplayer}barbanza/polpobra.flv{/flowplayer}

    O alcalde pobrés, Isaac Maceiras, mostrou a súa satisfacción por este anuncio, que dixo, “trae a tranquilidade a todos os veciños”. O rexedor arremeteu contra os grupos da oposición por ter creado unha situación de alarma inexistente no municipio nos ultimos meses por medio dunha campaña informativa na que lanzaron mensaxe erróneas e mentiron ós afectados. Para o mandatario foron especialmente graves as afirmacións do BNG que, dixo, chegou a asegurar que a normativa do litoral afectaría a máis de trescentas vivendas das zonas do Xobre e a Angustia.

    Maceiras Rivas cualificou de “irresponsables” ós grupos da oposición e fixo unha chamamento a súa integridade política polo lo que, asegurou, "agora deberán pedir desculpas ós veciños porque quedaron en evidencia perante eles".

     

    O tenente de alcalde pobrés, Ricardo Lago advertiu que este era xeito de traballar do BNG e do PSOE no concello de A Pobra e pediu a demisión de toda a oposición pola súa escasa dignidade política.

    Redacción Barbanza