Falece un bañista na praia muradá de Somorto

MUROS> Un home falecía esta pasada fin de semana cando se estaba bañando na praia de Somorto, na parroquia muradá de Esteiro.

Foi outro bañista que se atopaba no areal o que alertou a Emerxencias ó ver que estaban rescatando a un bañista, que estaba inconsciente e flotando na auga.

A pesar das manobras de reanimación que lle foron practicadas, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 non puideron salvarlle a vida.

Ata o lugar foi mobilizado un helicóptero medicalizado, pero finalmente non chegou a intervir. Descoñécense, polo de agora, as posibles causas da morte.

Ademais dos sanitarios, ata o lugar desprazáronse os membros do GES de Muros e os axentes da Policía Local e Garda Civil tras ser avisados a través do 112 Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí