A Pobra experimenta un incremento dos actos vandálicos cometidos por menores

    marquesinagranxa_100_071106.jpgPOBRA > Varias zonas do municipio pobrés foron escenario de diferentes actos vandálicos.

    Dende o pasado xoves, a policía local da Pobra do Caramiñal recibiu varias chamadas denunciando a aparición de pintadas en diferentes zonas do municipio. Tras unha serie de investigacións, os axentes xa identificaron a tres menores coma posibles autores dos feitos e, neste intres, estase a realizar unha valoración dos danos ocasionados para saber se se trata dunha falta ou un delicto.

    Noutras zonas, como na parroquia de Santa Cruz, rexistráronse destrozos nunha marquesiña situada a carón da escola infantil así como en varias farolas de alumeado público. Polo momento, a policía xa procedeu á identificación de catorce menores que poderían estar implicados nos feitos. O técnico electricista do concello está a realizar unha valoración dos desperfectos, que terán que ser asumidos polos pais dos autores. Se os danos son graves, os axentes terán que dar conta á fiscalía de menores. 

    Máis grave foi o roubo dun vehículo no paseo do Areal que posteriormente apareceu calcinado nunha pista da parroquia ribeiresa de Aguiño. A policía local identificou ó autor do roubo que permanece detido nas dependencias da Garda Civil de Boiro.

    Redacción Barbanza