Nenos sobre rodas

patinaxe_100_081106.jpgPONTEVEDRA > O colexio de Campolongo, é un dos poucos onde os nenos aprenden a patinar. A APA leva varios anos …

… incluíndo no programa de actividades extraescolares un curso de patinaxe sobre rodas. As clases custan 8 euros e impártense os xoves pola tarde.

patinaxe_200_081106.jpgOs patíns adoitan ser un atractivo para moitos nenos. Unha actividade que ademais lles permite gozar ó aire libre, ademais de ser en moitas ocasións un bo medio de transporte. Unha práctica deportiva que precisa ademais de moita maña se non queremos acabar co cu no chan. A Asociación de Pais dos Alumnos do colexio Campolongo, na cidade de Pontevedra, tiveron isto moi presente e levan desde hai uns anos incluíndo no calendario de actividades extraescolares un curso de patinaxe sobre rodas.

O curso comezou este mes cunha vintena de alumnos anotados de 6 a 12 anos, pero a xulgar polo éxito que está a ter, o boca a boca, atraerá a novos rapaces. Reúnense os xoves pola tarde, de cinco e media a seis e media, nas pistas polideportivas do colexio e aquí reciben nocións básicas de patinaxe a través de circuítos, que lles imparten dous monitores, patinadores profesionais. Para facer máis amena a sesión, os monitores tamén lles organizan xogos e aquí as ansias de gañar fanlle falas pasadas ós rapaces, e moitos, a pesar do aprendido, acaban bicando o chan.

Redacción Salnés