POBRA> Un grupo de quince usuarios de AMBAR comezaron esta mañá un curso de musicoterapia no Centro Sociocomunitario da Pobra. A colaboración entre as dúas entidades permitirá ademais a celebración dun obradoiro de técnicas de emprego e un curso de informática.
A música como elemento de comunicación, socialización e estimulación cognitiva. Este é o obxectivo do curso de musicoterapia que durante todo o mes de novembro se desenvolverá no centro sociocomunitario da Pobra. Quince usuarios da asociación AMBAR participan nesta enriquecedora experiencia impartida por profesionais da asociación galega de musicoterapia.
AMBAR e o centro social da Pobra colaborarán ademais no desenvolvemento doutros cursos como o obradoiro de técnicas de busca de emprego que se iniciou tamén esta tarde ou o curso de informática que xa se imparte dende hai un mes.