O Auditorio acolleu unha charla sobre iniciación á micoloxía

    cogomelos_100_081106.jpgVILAGARCÍA > Aprender a recoñecer as setas e iniciarse á micoloxía era o obxectivo dos asistentes á charla que…

    …se celebraba no auditorio de Vilagarcía. Enmarcada dentro do ‘outono micolóxico 2006’ a conferencia levantou un gran interese logo de que nesta última semana se produciran dous casos en Galicia de envelenamento por inxestión de cogomelos velenosos.

    A recomendación principal para non intoxicarse con fungos nin cogomelos foi a de, sobre todo, ter moita prudencia. Como ocorre con moitas cousas hai fungos bos e fungos prexudiciais. Independentemente de que sexan ou non comestibles moitos deles teñen unha serie de propiedades beneficiosas para o organismo: hainos que retardan os efectos do cancro e que reducen o nivel de colesterol no sangue.

    Sen esquecer que é dos fungos de onde saen os antibióticos. As xornadas micolóxicas continúan ata o domingo da vindeira semana. Namentres o auditorio de Vilagarcía segue acollendo ás 8 e media da noite charlas e conferencias sobre cogomelos.

    Redacción Salnés