Éxito de público e vendas no ‘Mercar na rúa’ de Zona Aberta de Vilagarcía

VILAGARCÍA> O comercio vilagarcián botouse á rúa esta fin de semana. Máis dunha trintena de establecementos de Zona Aberto levaron os seus mellores produtos á praza de Galicia grazas á iniciativa ‘Mercar na rúa’. Aproveitando o bo tempo, centos de persoas achegáronse por alí, nunha proposta que permite a todo tipo de establecementos achegarse un pouco máis á súa clientela e darse a coñecer.

A praza de Galicia de Vilagarcía converteuse este sábado nun auténtico fervedoiro grazas á iniciativa ‘Mercar na rúa’ de Zona Aberta. Centos de persoas achegáronse ata esta proposta, que botou á rúa algúns dos mellores produtos dos establecementos asociados ao colectivo de comarciantes e hostaleiros da cidade.

No ‘Mercar na rúa’ participaron 34 establecementos. Unha moi boa oportunidade para eles para achegarse á súa clientela e darse a coñecer un chisco máis.

E, ao ser en plena rúa, explican dende Zona Aberta, cun perfil de público do máis variado. Salientan que tamén se achegou moita xente doutros municipios.

Esta nova iniciativa de Zona Aberta coincidiu coa entrega do premio da campaña deste ano do Día do Pai, que puxo en xogo unha noite nun hotel de luxo.

No colectivo xa traballan noutra das campañas clave do ano, o Día da Nai.