O Obradoiro de Hostalería do Salnés inicia nova etapa no centro de Sanxenxo

O SALNÉS> O Obradoiro de Hostalaría da Mancomunidade do Salnés estrea novas instalacións. O curso formativo trasládase do Naútico de Sanxenxo a un local de 300 metros cadrados situado no núcleo da localidade. Na súa reforma, a Mancomunidade do Salnés investiu uns 40.000 euros. O obradoiro acada este curso a súa décimo cuarta edición, con 20 alumnos e incrementando a súa duración. Pasa de 9 a 12 meses.

Estas son as novas instalacións do Obradoiro de Hostalaría da Mancomunidade do Salnés. Logo de moitos anos no club Naútico de Sanxenxo, a Mancomunidade acaba de alugar este local de 300 metros cadrados en pleno centro de Sanxenxo.

A adaptación do local ao obradoiro supuxo un investimento duns 40.000 euros por parte da Mancomunidade. Os primeiros en desfrutar destas novas instalacións son os 20 alumnos da decimo cuarta edición do curso, ao que a Xunta destina medio millón de euros. Ademais, cunha novidade: a duración do obradoiro aumenta, pasando de 9 a 12 meses.

A formación que se imparte neste curso é fundamental para seguir mellorando os servizos vinculados ao turismo, como a restauración, en toda a comarca do Salnés. A presidenta da Mancomunidade pedíalles hoxe aos alumnos e alumnas do obradoiro que aproveiten esta oportunidade única.

E lembraba Giráldez que a calidade do obradoiro tradúcese nun índice de inserción laboral do 100%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí