Pablo Mosquera proclámase campión galego infantil de Tenis

pablomosquera_100_071106.jpgSANXENXO > O Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo conta cun novo campión entre os seus alumnos. Trátase do tenista Pablo Mosquera…

…un ourensán de 14 anos de idade que se ven de proclamar campión galego infantil e número un de España. Esta tarde, Tele Salnés – Barbanza estivo con el e co seu adestrador Chalu para ver como é o adestramento dun campión. pablomosquera_200_071106.jpgCon só 14 anos Pablo Mosquera imprímelle ós seus golpes a forza dun bo tenista na súa categoría e maila ilusión de quen se quere parecer ó suízo Roger Federer aínda que confese que o seu xeito de xogar é ben distinto. É de Ourense e, dende fai tres anos, adestra en Sanxenxo no Círculo Cultural e Deportivo. Asegura que o fai o mellor posible aínda que lle queda moito por aprender.

Coma todo, neste deporte, hai cousas que lle gustan máis e menos. O que máis é a técnica que perfecciona cos seus adestradores: Chalu, Antón e Noli. En gran medida son eles, os adestradores, os artífices do seu éxito. As estatísticas dos partidos das últimas 52 semanas servíronlle para gañar o título como campión galego en infantil e ser o número 1 de España. Iso non lle impediu compaxinar á perfección deporte e estudos. O futuro aínda o ve lonxe. O que ten claro é que para ser bo nisto lle gustaría ter o a garra de Nadal e o golpe de Velasco.

Redacción Salnés