As Confrarías das Rías Baixas reunénse con Medio Rural polo PRUX

    O SALNES> Representantes das Confrarías da Arousa non quixeron faltar esta tarde á reunión convocada pola Consellería do Medio Rural para abordar…

    {flowplayer}images/salnes/xuntanza_juarez_confrarias_prux.flv{/flowplayer}

    … o borrador do PRUX, o Plan Reitor de Uso e Xestión das Illas Atlánticas; que suscitou o recelo do sector nos últimos meses. O obxectivo da xeira de xuntanzas que comezaba hoxe é procurar unha normativa, o máis consensuada posible entre as partes, para que a xestión deste entorno natural privilexiado permita preservar a riqueza natural sen afectar ós beneficios económicos que reporta a pesca sostible neste paraxe.

    Desde o departamento autonómico defenden que este borrador do PRUX, arestora en fase de exposición pública, non é unha norma pesqueira, senón un instrumento de planificación para compatibilizar os usos pesqueiros e marisqueiros tradicionais, ca preservación deste medio natural, protexido baixo a denominación de Parque Nacional.

    Asemade, desde Medio Rural insisten en que a normativa non prohibe a extracción de ningunha especie de interese comercial nin arte de pesca legal algunha. Nas vindeiras semanas sucederanse outras reunións co fin de buscar un consenso para esta normativa, que xa leva varios meses de atraso.

    Redacción Salnés