A Deputación de Pontevedra súmase ás axudas da Xunta ós mariscadores

    visitalouzan_100_091106.jpgPONTEVEDRA > A deputación de Pontevedra súmase á Xunta de Galicia nas axudas para os mariscadores afectados polos lodos…

    A deputación de Pontevedra súmase á Xunta de Galicia nas axudas para os mariscadores afectados polos lodos acumulados nas praias tralas riadas de outubro. Se ben non concretou en que consistirán estas axudas, o seu presidente, Rafael Louzán, fíxoas públicas na súa visita ós traballos de limpeza nas praias de Combarro en Poio. A Deputación fixo unha petición para que o Goberno central se sume tamén a estas axudas anunciadas pola Xunta de Galicia ós afectados polas riadas en outubro.

    Unhas axudas que, por outra banda, cren insuficientes e tardías tendo en conta, ademais, a proximidade da campaña de Nadal. As contías están sen concretar se serán para os mariscadores ou para os traballos de rexeneración. Namentres os traballos continúan pero os ánimos non decaen. Os medios ó seu dispor son moitos pero tamén o lodo que está a acabar co marisco.

    Redacción Salnés