O cámping rural Ría de Arosa 2 súmase á moda do glamping

RIBEIRA> O cámping rural Ría de Arousa incorpora novidade á súa oferta de servizos. Este verán vén de sumarse á experiencia do glamping coas tendas de luxo Kampaoh. Tamén estrea un circuíto de quads e mountain bike.

A xa de por si extensa oferta de servizos do cámping Ría de Arousa súmanse este ano importantes novidades para ofrecer ós visitantes unha experiencia máis completa. Emprazado nos montes da parroquia ribeirense de Oleiros, ocupa unha superficie de 136 mil metros cadrados que o converten no cámping máis extenso de Galicia. Ademais das  tendas tradicionais, zona de estacionamento de caravanas e autocaravanas e bungalós completamente equipados, os visitantes dispoñen a partir deste verán dunha nova oferta de aloxamento: o glamping.

O camping Ría de Arosa sumouse a esta tendencia en alza cunha experiencia piloto. Polo momento dispón de 25 tendas de luxo, de entre 4 e 8 prazas, equipadas con camas, neveira, televisión e ventilador. A intención é ir aumentando en función da demanda que, dende a súa posta en marcha, non fixo máis que medrar.

Non é esta a única novidade da que disporán os clientes do cámping ría de Arousa, que este ano estrea tamén un circuíto para quads e bicicletas de montaña.

O obxectivo deste establecemento é garantir a mellor e máis completa experiencia ós seus visitantes, a través dunha política de constante innovación. De aí, que sexa o único cámping galego en contar con seguro de sol.

Na actualidade, tamén están a traballar no deseño duns bonos gratuítos para facilitar que o público coñeza as instalacións. Os que o fagan, de seguro, repetirán.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí