Barreiras arquitectónicas para acceder á súa propia vivenda

    minusvalidoescarabote_100_091106.jpgBOIRO > Un minusválido denuncia a pasividade do goberno ante a falta de accesibilidade á súa vivenda.

    Xesús Silva reside na vivenda número 156 do coñecido como Camiño Vello en Escarabote. Dende hai tempo e debido a unha enfermidade veu mermadas as súas capacidades físicas, polo que cada vez ten maiores dificultades para camiñar. A situación para el é máis agravante ó atoparse con numerosos atrancos e barreiras arquitectónicas na rúa que debe usar a cotío para entrar e saír da súa casa.

    A pesar de ter denunciado esta situación en máis dunha ocasión no concello, polo de agora non obtivo resposta, véndose obrigado a denuncia-la súa situación diante das cámaras, como medida de presión.

    Xesús solicítalle ós membros do executivo boirés que realicen a mellora e o acondicionamento do actual camiño, así como que controlen e non permitan a realización de obras nas proximidades deste, moitas delas sen a correspondente autorización, que están a provocar en moitos casos que o vial vexa reducido as súas dimensións, o que vén a dificulta-lo paso de vehículos.

    Oídos xordos

    minusvalidoescarabote_200_091106.jpgO concelleiro de Obras boirés, Xoán Xesús Ares, fixo alusión ás dificultades que presenta esa zona onde as casas se situán a escasos metros do camiño, o que provoca que non se poida levar unha actuación de ampliación do mesmo, xa que se verían afectadas un gran número de vivendas. Ademais sinalou que non hai moito tempo se levou a cabo a mellora da entrada deste camiño dende a estrada principal, realizándose a recollida de pluviais e o pintado das beirarrúas prohibindo o estacionamento de vehículos.

    Redacción Barbanza