A reforma do estaleiro de Hermida dá continuidade á rexeneración litoral de Abruñeiras

NOIA> O concello de Noia vén de adxudicar a rehabilitación do antigo Estaleiro de Hermida. A actuación, por valor de 380 mil euros, dará continuidade ás obras de rexeneración ambiental iniciadas no bordo litoral de Abruñeiras.

Nos próximos días darán comezo as obras de rehabilitación do estaleiro de Hermida, en Abruñeiras, por valor de 380 mil euros. O obxectivo é acondicionar as instalacións para uso náutico deportivo por parte do club de remo da localidade ó tempo que se pon en valor unha zona de gran valor paisaxístico.

A actuación dá continuidade ós traballos de recuperación ambiental iniciados no bordo litoral de Abruñeiras nos que xa se procedeu á recuperación da antiga nave de Talleraco e un sendeiro peonil ata Río do porto.

A presente actuación conta cun prazo de execución de tres meses co que poderá estar lista para o disfrute de veciños e visitantes

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí