A Xunta adoptará medidas para reducir os ataques do lobo nos montes do Barbanza

RIBEIRA> Preocupación entre o sector gandeiro do Barbanza ante os reiterados ataques de lobos. A Xunta de Galicia tomará medidas para reducir a presenza dos lobos nos montes máis afectados.

Ademais de incrementar os orzamentos para compensar as perdas dos gandeiros, a Xunta ten previsto adoptar unha serie de medidas preventivas para minimizar os ataques.

A Consellería de Medio Ambiente traballa tamén na realización dun estudo sobre as comarcas en emerxencia cinexética para determinar aquelas zonas onde se rexistran máis ataques e determinar posibles accións de control da poboación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí