Veciños da Ribeiriña esixen un proxecto integral de seguridade na AC-305

    demandasvecinosribeirina_100_240210.jpgPOBRA> Veciños da Ribeiriña denuncian desatención por parte do goberno local ante as demandas de aumento da seguridade vial na estrada AC 305,

    {flowplayer}barbanza/demandasvecinosribeirina.flv{/flowplayer}

    Os veciños da Ribeiriña non queren barreiras, senón beirarrúas na marxe dereita da AC 305. Temen pola seguridade dos seus fillos que todos os días collen neste vial o autobús que os leva ó colexio. Saben que é necesario un proxecto de seguridade vial na zona e así llelo solicitaron ao alcalde. Malia todo, a única solución foi a colocación dun tramo de gardarrail, que estreita o paso pola beiravía.

    O proxecto de construción de beirarrúas mesmo chegou a iniciarse pero, sen saber porque os traballos nunca se executaron. Estes veciños están fartos de promesas incumpridas por parte do executivo local, polo que se sinten totalmente abandonados.

    Inundacións

    Non é a única reivindicación por parte destes veciños. A canalización de augas tras a construción da autovía da Barbanza e a falta de limpeza dos sumidoiros provoca que, cada vez que hai chuvascadas, a auga inunda a estrada e mesmo chegua a entrar nas vivendas.

    Facéndose eco das denuncias veciñais estiveron os integrantes da agrupación local do partido socialista. Consideran que o grupo de goberno pobrés está a dar prioridade a actuacións que son secundarias, como o acondicionamento dos xardíns Valle-Inclán fronte a outras nas que está en risco a seguridade das persoas.

    A edil socialista Teresa García subliñou a desidia do alcalde Isaac Maceiras que está, dixo, para xestionar os intereses veciñais perante todas as administracións. Afirmou que dende o Partido Socialista seguirán facendo presión para que se acometan todas estas actuacións.

    Redacción Barbanza