![]()
RIBEIRA > Segue a polémica en Castiñeiras pola construción dun muro ilegal na praia dos Mosqueiros.
Canso de denunciar en reiteradas ocasións unha serie de ilegalidades nun muro construído na praia dos Mosqueiros, o presidente da Asociación de Veciños A Batiola de Castiñeiras, Xurxo Ferrón, decidiu remitir un escrito á Demarcación de Costas esixindo que garante o cumprimento da normativa vixente.
Longo proceso
O inicio desta desputa veciñal remóntase a principios de 2006, cando se iniciou a reparación dun muro de contención que non respectaba a cota máxima de altura nin de servidume de tránsito. Tras numerosas denuncias formuladas por Xurxo Ferrón, e o colectivo veciñal que preside, Costas iniciou un expediente sancionador que, ademais da multa económica, esixía ó propietario restituír o terreo ó seu estado primitivo. En novembro de 2007, comezan novamente as obras que, segundo denuncian os veciños, incumpren novamente unha serie de condicións legais cmo son a altura máxima, a ocupación do dominio público marítimo terrestre ou os vertidos de terras e recheos non autorizados.
Nova denuncia
Ante estes feitos, e tras presentar unha nova denuncia, Xurxo ferrón dirixiuse novamente á Demarcación de Costas do Estado, así como á Consellería de Política Territorial, e o concello de Ribeira co fin de chamar a atención sobre esta construción. No escrito, pregunta ó ente estatal se considera que a obra se axusta á legalidade e se reune as mínimas condicións de seguridade. Insta a restituir a legalidade a través da parlización das obras nun caso, especilamnte grave, pola súa reincidencia. Por último, Xurxo Ferrón, agarda a que Costas lle informe das actuacións levadas a cabo sobre esta obra, posto que ata o momento non aconteceu así, e tivo que desprazarse en retiteradas ocasións ás súas dependencias para solicitar información.
{flowplayer}barbanza/muroilegal2.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza









