Casal quere rematar co ‘rigorismo’ do BNG e a ‘política do ladrillo’ do PP

    teresacasalcandidata_100_091106.jpgPONTEVEDRA > Touriño apoia a Teresa Casal na súa aposta por ser a primeira alcaldesa de Pontevedra …

    … A alcaldable socialista presentouse como alternativa real para rematar co ‘rigorismo’ do BNG e a ‘política do ladrillo’ do PP.

    Emilio Pérez Touriño arroupou onte a Teresa Casal na súa aposta por ser a primeira alcaldesa de Pontevedra. Casal repetirá como candidata socialista nas vindeiras eleccións municipais. ‘Unha das cousas que máis ilusión me faría é ter unha alcaldesa socialista en Pontevedra’, asegurou o secretario xeral do PSdeG – PSOE. Con esta mesma ilusión se presentou Teresa Casal ante a militancia socialista de Pontevedra, con ansias de gañar e de formar a partir do 27 de maio o mellor equipo de goberno da historia de Pontevedra. E considera que ela ofrece a mellor alternativa para converterse na primeira alcaldesa da cidade. Para iso presenta un proxecto para acabar co ‘rigorismo’ do BNG e ‘canto desesperado ó mundo empresarial do ladrillo’ do PP.

    teresacasalcandidata_200_091106.jpgO presidente da Xunta destacou o traballo realizado por ela e o seu equipo como socio do goberno municipal de Pontevedra nesta lexislatura. A propia Teresa Casal asegura que chegan coa madurez necesaria para pórse á fronte do concello en solitario.  Teresa Casal aposta por un urbanismo razonable, un tráfico menos caótico, infraestructuras axeitas e dotacións sociais. Pero sobre todo polo turismo e polo medio ambiente, e aquí o proxecto principal será sanear a ría. Un obxectivo que conta co apoio expreso do presidente da Xunta, que segue mantendo a súa promesa de retirar Celulosas.

    Non lle faltaron apoios do actual goberno autonómico a Teresa Casal nesta presentación. Ademais do presidente da Xunta, con ela estiveron os conselleiros de Traballo, Política Territorial, e Pesca, a presidenta do Parlamento de Galicia, e deputados autonómicos como Modesto Pose. 

    Redacción Salnés