Melloras no Lapido tras dous anos de protestas veciñais

    lapido_100_091106.jpgPOBRA > O executivo pobrés iniciou a pavimentación das rúas na zona do Lapido … 

    … na que se acometerá unha mellora integral coa instalación de puntos de luz, o acondicionamento das pistas deportivas e a reordenación do tráfico. Con esta actuación, o concello vén satisfacer as demandas dos veciños da zona que levan máis de dous anos reclamando unha serie de servizos que contribúan a mellora-la súa calidade de vida.

    As melloras na zona comezaron polo asfaltado en quente das rúas que, na actualidade, atopábanse nun estado bastante deficiente. Nos próximos días procederae á colocación de mobiliario urbano como varandas e farolas para dotar de novos puntos de luz á zona. Así mesmo, acometerase a mellora das pistas polidepotivas que se acondicionarán para a práctica de distintas actividades.

    Polo momento, a única zona que quedará pendente de urbanizar é unha parcela na que está prevista a construción dun parque infantil, á espera do dictame xudicial que permita inicia-los traballos.

    Está previsto ademais que a próxima semana se acometa a reordenación do tráfico na zona que quedará establecido en rúas dun único sentido con aparcadoiros nunha das maxes. Así mesmo, atenderase á demanda efectuada por varios veciños para que se reduza unha isleta que dificulta a entreda ós garaxes.

    O investimento nestas actuacións ascende ós trinta mil euros, con cargo á constructora responsable da urbanización, a través da execución dun aval por parte do concello.

    Redacción Barbanza