BOIRO> A resaca do pleno extraordinario de onte en Boiro no que se aprobou a modificación de varias taxas e impostos municipais. En concreto a ordenanza reguladora da taxa pola inmobilización, retirada e depósito de vehículos na vía pública e o do imposto de bens inmobles, continúa.
O PP saíu esta mañá de novo ós medios para denunciar esta medida. Insisten que a suba promovida polo goberno local é totalmente inxusta e pídenlle unha marcha atrás.
Dende o PP temen que despois desta suba veñan outras como poden ser as do lixo ou a auga.
Para o PP, o culpable da mala situación pola que atravesasn as arcas municipais tena o propio goberno local, incapaz de xestionar ben, máis preocupado en manter os seus grandes salarios.











