Paso definitivo para a apertura da piscina municipal

    BOIRO> A empresa Soom Management vén de resultar a mellor valorada pola mesa de contratación para a adxudicación do servizo. Dúas foron finalmente as empresas que decidiron presentarse ó concurso para asumir a xestión da piscina municipal de Boiro, Aquafit Gestión e Soom Management, sendo finalmente esta última a que recibiu maior puntuación por parte da mesa de contratación. A firma terá agora un prazo de dez días para presentar diversa documentación, entre a que figura o atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e a garantía definitiva do contrato, por un importe duns doce mil euros. A adxudicación vén poñer fin a un longo proceso de máis de dous anos, tempo durante o cal as instalacións permaneceron pechadas, debido ó enfrontamento que mantiñan a anterior adxudicataria, SIDECU, e o propio concello, e que rematou cando a firma decidiu renunciar á concesión e pagar unha indemnización duns 178 mil euros. A intención do equipo de goberno é que a empresa inicie a actividade á maior brevidade de tempo posible. O alcalde aproveitou tamén a ocasión pare pedir disculpas ós veciños e usuarios deste servizo por este período tan longo coas instalacións pechadas, pero segundo el había limitacións presupostarias que facían o proceso máis complexo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/09/adxudicacionpiscinaboiro090114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/09/adxudicacionpiscinaboiro090114.mp4{/flowplayer}