Arde a nave abandonada de Hadasa na Ribeiriña

POBRA>  O lume orixinábase, por causas que están a ser investigadas,  ó redor das once e media da mañá.

Unha chamada dun veciño ó 112 alertou ós servizos de emerxencia que rapidamente se personaron no lugar. Eran ás once e media da mañá aproximadamente.

O lume orixinárase no interior da nave, agora abandonada,  nuns palés de madeira e a uns sacos de papel que se amoreaban nun dos laterais. Tamén afectou á cuberta e á estrutura da nave, aínda que non houbo que lamentar danos persoais.

Os labores de extinción prolongáronse por máis de cinco horas. Os bombeiros afanáronse en retirar tamén todo o material e refriar a zona para evitar que as lapas puideran reavivarse.

Polo de agora descoñécese a posible orixe do lume, aínda que todo apunta a que puido ser intencionado, xa que as instalacións atópanse abandonadas dende hai tempo.

Ademais dos efectivos dos parques de bombeiros de Ribeira e Boiro, tamén participou no operativo Garda Civil e Policía Local e Protección Civil da Pobra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí