Ribeira, primeiro concello galego en implantar o sistema de recollida selectiva ‘Smart Waste’

RIBEIRA> Ribeira será o primeiro concello de toda Galicia en implantar o sistema Smart Waste na recollida do lixo. A instalación duns sensores en camións e contedores permitirá obter información sobre o proceso de recollida para optimizar os recursos e garantir unha maior eficiencia do servizo.

A Conselleira de Medio Ambiente presentou esta mañá en Ribeira o proxecto Smartwaste, unha plataforma  intelixente que permitirá optimizar o proceso de recollida do lixo. Ribeira será o primeiro concello de toda Galicia, e un dos primeiros de España, en implantar este sistema.

Mediante a instalación de sensores, o sistema proporcionará información sobre as rutas de recollida e a situación dos contedores permitindo así unha mellora na planificación do servizo.

O obxectivo é seguir a incrementar as taxas de reciclaxe entre a cidadanía facilitando a recollida selectiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí