Centos de peregrinos asisten en Armenteira á Romaría das Cabezas

    virxe_copia100.jpgMEIS> Centos de persoas peregrinaron esta mañá, pola Ruta da Pedra e da Auga camiño a Armenteira, para asistir á romaría das Cabezas. Grandes, pequenos e moitas autoridades percorreron máis de oito kilómetros.

    {flowplayer}images/salnes/ROMARIA_DAS_CABEZAS.flv{/flowplayer}

    Os concellos de Ribadumia e Meis, organizaron hoxe a primeira peregrinación pola Ruta da Pedra e da Auga á Romaría das cabezas. O obxectivo, foi reunir a tódalas persoas que cada luns de Pascua soben á romaría a través do camiño que antigamente percorrían os peregrinos e recuperada fai un ano. Veciños destes dous concellos e do resto da comarca, puideron disfrutar dunha xornada de confraternidade e dos atractivos paisaxísticos.

     Á romaría non faltaron as autoridades, que non dubidaron en percorrer a pé máis de oito kilómetros. Entre os presentes, estiveron os alcaldes destes dous concellos, o presidente da Deputación, o alcalde de Cambados e o presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía. A saúde, a saída da crise e a paz, foron os desexos máis solicitados á Virxe das Cabezas.

     Como manda a tradición, despois de escoitar a misa, houbo comida de confraternidade onde non puido faltar o polbo.

    Redacción Salnés