A Cámara de Vilagarcía busca apoio financeiro á internacionalización

    VILAGARCIA> As pequenas e medianas empresas da Arousa que internacionalizan a súa actividade…

    {flowplayer}images/salnes/convenio_camara_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … son as que mellor resisten a crise económica. En base a esta máxima, a Cámara de Comercio de Vilagarcía segue intentando axudar as empresas locais a buscar a súa expansión fóra das nosas fronteiras.

    Amais do servizo de IVE pagado no estranxeiro, o servicio de traducción e das antenas camerais que distribúen na diáspora, a entidade cameral ven de asinar un convenio de colaboración con Novagalicia Banco co fin de facilitar financiamento para estas estratexias expansivas. En virtude deste acordo, Novagalicia ofrecerá unhas condicións ventaxosas ós asociados á Cámara arousá en virtude do seu plan Comex.

    Nesta liña de apoio á internacionalización a Cámara organiza a vindeira semana unha misión comercial inversa a México, e o vindeiro mes de novembro continuará neste mesmo país amais de en Hong Kong.

    Redacción Salnés