Laureano Oubiña abandona a cadea tras once anos preso

    O SALNÉS> O narcotraficante Laureano Oubiña ven de abandonar o cárcere de Navalcarnero as oito e media desta tarde.

    {flowplayer}images/salnes/saida_laureano_oubina.flv{/flowplayer}

    Nun coche negro de alta gama laminado o histórico arousán abandonada o presidio tras once anos de internamento. Un día cualificado como triste desde a Federación Galega Contra o Narcotráfico. Desde a Federación Galega Contra o Narcotráfico xa pediran que se adoptasen medidas cautelares para evitar esta saída da cadea cando Oubiña aínda está á espera de dúas novas sentencias por branqueo de capitais de procedentes do narcotráficos. Coidan que existe un risco elevado de fuga, e mesmo de que reincida tanto no narcotráfico coma no branqueo.

    Este mesmo martes, Oubiña declarou na Audiencia Nacional por un presunto delicto de branqueo de capitais pola que se enfronta a unha petición do fiscal a seis anos de prisión. Durante a vista oral, negou os cargos que se lle imputaban e só recoñeceu que comprara propiedades con cartos procedentes do tráfico de tabaco.

    A Fiscalía antidroga pide amais 5 anos para o seu fillastro, David Pérez Lago, pola construcción dunha vivenda en Vilagarcía, unha finca en Sanxenxo e polo movemento de divisas obtidas con fondos do tráfico de sustancias prohibidas. Sobre Laureano Oubiña pesa tamén outra sentencia pendente por branqueo pola que se lle pide unha pena de 8 anos de prisión.

    Para evitar esta dilación da xustiza que deixa casos tan paradigmáticos coma este, desde a Federación á que pertence Fernando Alonso reclaman a creación dun xulgado específico para o tráfico de drogas. Por outra banda, tamén se teme sobre a posibilidade de axustes de conta entre os afíns a Oubiña e outros que puideron colaborar no seu día ca xustiza. Amais, desde a Federación contra o narcotráfico están á espera de ver como cohabitan os clans existentes cos históricos do narcotráfico en liberdade.

    Redacción Salnés