VILAGARCIA> O porco pig pink é o xoguete que triunfa este nadal. Debido a petición dos máis pequenos este boneco esgotouse en case todos os comercios da contorna. Para os nenos e nenas máis grandes, os xoguetes escollidos foron os playmobils e as videoconsolas.
Os máis pequenos e pequenas das casas afrontan con ilusión estas datas de nadal, especialmente pola chegada dos reis magos. Nesta época, os xoguetes son os grandes protagonistas e as súas vendas dispáranse.
Cada ano hai un xoguete que triunfa máis ca outros, e este nadal, o máis demandado é un porco rosa para os máis cativos.
Entre os nenos e nenas máis maiores mantéñense os xoguetes máis tradicionais como os playmobil e os videoxogos.
O que muda cada ano é a diferencia entre xoguetes para nenos e para nenas. Unha distinción que xa está practicamente rota.
A afluencia de clientes nas xogueterías foron en aumento nos últimos días. Os Reis Magos apuraron ata o último momento para conseguir os agasallos de nadal e que os máis pequenos reciban o seu xoguete favorito.