![]()
SANXENXO> Os proxectos dunha granxa-escola e dun hotel especializado en micoloxía, foron os gañadores da primeira edición do premio Proxectos Innovadores para o Rural.
{flowplayer}images/salnes/GDR_O_SALNES.flv{/flowplayer}
Sanxenxo acolleu a Primeira Xornada de GDR de Desenvolvemento Rural. Estas xornadas teñen como obxectivo informar á poboación en xeral, das axudas dispoñibles para aqueles que queiran montar un negocio no rural. O presidente do GDR do Salnés, destacou que este grupo de desenvolvemento rural da comarca é o máis punteiro de Galicia.
Dende o AGADER explicouse as distintas liñas de investimento dependendo do tipo de proxectos. Estas subvencións poden ser do 45% ou do 100%.
Tamén se entregaron os premios 2009 ás Ideas e Proxectos Innovadores. O concello de Meis, presentou unha iniciativa de granxa-escola, que pretende aproveitar o carácter rural da vila e os recursos naturais dos que dispón. O outro proxecto vencedor, é un complexo hostaleiro que contempla o acondicionamento dunha zona de bosque, onde se pretenden cultivar setas. O concello de Meis e un matrimonio arousán, repartiranse, a partes iguais, 1.200 euros.
Dende o 4 de maio de 2009 ata hoxe, aprobáronse 14 dos 48 proxectos presentados, que supoñen un orzamento comprometido de más de un millón douscentos mil euros.
Redacción Salnés







