O GROVE> Promocionar o patrimonio musical galego é o obxectivo de ‘Interritmos. Sons do Rural’, o concurso organizado polos Grupos de Desenvolvemento Rural do Salnés-Ulla-Umia, Deloa, Ribeira Sacra-Courel e Ordes que este sábado se celebrou no Náutico de San Vicente, no Grove.
‘Abril’ e ‘Tumba E Dálle’ foron os grupos gañadores da edición deste ano, que coas súas propostas conquistaron ao xurado.
‘Interritmos’ destaca o papel da cultura como motor de desenvolvemento territorial e aposta pola profesionalización de grupos e bandas que traballan para evolucionar a música tradicional e de raíz.