![]()
RIBADUMIA > A Casa de Cultura albergará un centro de acollida de maiores. A alcaldesa Salomé Peña encargou …
… xa ós técnicos municipais un anteproxecto para por en marcha este novo servizo.
A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, encargou ós técnicos municipais a redacción dun anteproxecto que permita reorganizar a casa de cultura de Ribadumia. O goberno local pretende crear neste edificio un centro de acollida para persoas maiores. A alcaldesa afirma que a proposta se levará a cabo sen eliminar os usos que agora ten a casa de Cultura, que alberga a biblioteca municipal, a aula de conexión a Internet e a oficina de información xuvenil.
Segundo o Concello, o novo centro de acollida de persoas maiores terá como finalidade atender as necesidades da terceira idade durante o día, para facilitar así a conciliación da vida laboral e familiar dos coidadores. Neste centro ofreceranse diversas actividades que permitirán ós maiores estar entretidos durante as súas horas de ocio.
A alcaldesa indica que se barallaron outros lugares pero que se escolleu a casa de cultura pola súa cómoda localización. Está preto de calquera das parroquias, ten amplos aparcadoiros e ten cerca o centro médico, ademais de estar ó lado da carballeira e do parque de exercicios para a terceira idade.
Redacción Salnés








