![]()
SALNÉS > Alcaldes e concelleiros do PP afectados pola supresión do PAC de pediatría de Cambados…
… entregaron hoxe en Santiago máis de 4.000 sinaturas para reivindica-la recuperación deste servizo.
Aseguran que é unha reivindicación unánime da sociedade do Salnés, e así o acreditan as 5.000 sinaturas que levan recollidas nos últimos meses. Esta mañá levaron a última quenda, pero xa antes se entregaran máis de mil recollidas en Sanxenxo e por outros colectivos. Nesta ocasión acudiron á mesma sede da Consellería de Sanidade en Santiago os alcaldes de Cambados, José Manuel Cores Tourís, e Ribadumia, Salomé Peña, ademais da deputada vilagarciana Marta Rodríguez e varios concelleiros do Grove e Meaño.
Sanidade pechou o PAC de pediatría en xuño e dende entón os nenos teñen que desprazarse ata o hospital do Salnés ou o de Pontevedra para recibir unha atención que antes se lle daba en Cambados. En total son sete concellos afectados, máis de 60 mil persoas que no verán se multiplican por tres. Por iso non están dispostos a renunciar a este servizo e non descartan novas medidas de protesta.
Redacción Salnés







