Gonzalo Durán segue adiante cos proxectos da Mancomunidade como presidente en funcións

    CAMBADOS> Gonzalo Durán segue adiante cos proxectos pensados para a nova directiva da Mancomunidade do Salnés. A pesares de non ter aínda un presidente, o alcalde de Vilanova e presidente en función actualmente, asegura que non pode deixar pasar o tempo en temas de gran importancia como un sistema de recollida do lixo común para todos.

     

    A día de hoxe os concellos de Cambados, Meis e Vilanova comparten a mesma empresa de recollida de residuos, un contrato que remata en 2016 e polo que a partir de abril do ano que ven terán que dar unha nova concesión dos servizos.

    Co obxectivo de abaratar custes e dentro das propostas que se fan para a Mancomunidade, Gonzalo Durán abre a porta a que outros concellos tamén se unan e xa comezou a falar con eles para coñecer a súa situación actual e as posibilidades que se presentan.

    Con respecto á compatibilidade deste sistema de recollida do lixo común co Plan de Tratamento de Residuos que ten proxectado a Deputación de Pontevedra, Durán cre que se poderían compaxinar sen problemas.

    Para o presidente en funcións da Mancomunidade o contrato con esta nova empresa debe ser aberto, ante a posibilidade de encontrar unha empresa cun menor custe que o que lle supón Sogama, e cun sistema de tratamento de residuos como o de Touro como modelo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/22/proxectos_mancomunidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/22/proxectos_mancomunidade.mp4{/flowplayer}