Augas de Galicia autoriza o inicio das obras de mellora na Crocha

    pontedospatos_100_310107.jpgPOBRA > O executivo pobrés iniciará proximamente a mellora no entono da zona da Crocha que está á espera da autorización de Augas de Galicia.

    Despois de varios anos o goberno pobrés vai poder levar a cabo este demandado proxecto. Unha vez realizado hai uns meses o saneamento e o abastecemento de auga, o executivo local remitiulle unha solicitude ó organismo Augas de Galicia para que autorizase esta intervención no cauce do río.

    Segundo confirmou o propio edil de Obras, Xosé Manuel Castro, as obras poderían iniciarse xa a próxima semana despois da recepción no concello da autorización da Xunta.

    A esta actuación destinarase unha partida próxima ós doce mill euros con cargo ós orzamentos municipais que se empregarán na limpeza do río, a recuperación dos lavadoiros, a reparación das presas e a adecuación dun paseo dotado de mobiliario urbano e alumeado público que mesmo xa foi escollido polos propios veciños da zona.

    A mellora desta zona fora xa demandada en máis dunha ocasión polos membros da oposición en concreto polo grupo municipal do BNG, así como tamén polos propios veciños do lugar, que agora poderán ver cumprido unha das súas principais reivindicacións.

    Redacción Barbanza