POBRA > Unha veciña da Pobra, Asunción Olveira, acaba de cumprir 100 anos. Ata a súa casa desprazouse de o alcalde pobrés, Isaac Maceiras, e outros membros da corporación para felicitar á centenaria polo seu cumpreanos que este ano coincidiu co domingo do Nazareno.
Rodeada por algúns dos seus bisnetos, Asunción Olveira soprou as candeas da súa tarta de cumpreanos co desexo de que tódolos presentes chegasen a vivir tantos anos coma ela. Entre os convidados a esta pequena celebración estaban as concelleiras Rosa Fernández Parada, Encarnación González Montemuíño e o alcalde pobrés, Isaac Maceiras, quen non quixo perder a ocasión para desexarlle á centenaria moitos anos máis de vida en compaña dos seus fillos, netos e bisnetos. Cun gran sentido do humor e lucidez, Asunción recordou algunhas etapas da súa vida, como cando o seu home foi apresado durante a Guerra Civil e ela se viu obrigada a traballar para manter ós seus fillos.
Actuamente Asunción é viúva, ten 3 fillos, 5 netos e 8 bisnetos. Asegura que se sinte feliz, e despois de toda unha vida traballando agora desfruta de cada momento a pesar de que hai un ano lle puxeran un marcapasos.
Trala festa alcalde, concelleiras e medios despedíronse de Asunción coa promesa de voltar o vindeiro ano para celebrar o seu 101 aniversario.
Redacción Barbanza