Clases de alfabetización para promove-la integración dos alumnos extranxeiros

    clasesalfabetizacion_100_310107.jpgRIBEIRA > A chegada de inmigrantes a Galicia, sen dominio das dúas linguas oficiais, pode supoñer un problema para a escolarización dos nenos.

    A principios do mes de xaneiro, a dirección do IES Número 1 topábase coa traba do idioma cando dúas alumnas marroquíes e unha de orixe chinesa solicitaron matricularse no centro, co curso escolar xa iniciado.

    O instituto, que non dispoñía de ningún protocolo de actuación nestes supostos, realizou xunto cos restantes centros de secundaria do municipio unha serie de propostas á Delegación de Educación. Entre elas solicitaban que a primeira acollida dos alumnos fose realizada por Servizos Sociais, adxudicando posteriormente a Delegación o centro no que deberían escolarizarse. Así mesmo, insistían na necesidade dunha maior dotación de recursos e persoal para que a incorporación dos novos alumnos non repercuta nun detrimento dos servizos acadados na dotación dos centros ó comezo do curso.

    iesnumero1_200_310107.jpgA resposta da Consellería de Educación non se fixo agardar. Unha profesora de alfabetización vén de incorporarse ó centro para traballasr coas alumnas extranxeiras co fin de que consigan un total dominio da lingua castelá, a pesar de que na actualidade non teñen apenas coñecemento do idioma. Sen embargo, a encargada de imparti-las clases, Irene Correia, estima que nun prazo de seis ou sete meses poderán expresarse perfectamente na nosa lingua.

    Segundo a dirección do centro ribeirés, este é o primeiro paso para a integración total dos alumnos extranxeiros. En total, no IES Número 1 cursan estudos un total de 24 alumnos procedentes doutros países, especialmente de Marrocos. A situación é similar no IES Leliadoura, aínda que a maioría son de orixe latinoamericana, polo que o idioma non supón un condicionante para a súa integración. Pola contra, no Instituto de Coroso, a incidencia de alumnos inmigrantes é menor.

    Redacción Barbanza