O BNG pide retomar as obras da praza de abastos de Noia e propón un plan de fomento do produto local

NOIA> O BNG demanda que se retomen as obras de mellora da praza de abastos de Noia. Os nacionalistas critican as molestias que supuxo a paralización dos traballos non só para os praceiros senón tamén para os usuarios.

A introdución de modificacións no proxecto de reforma da praza de abastos de Noia obrigou a paralizar as obras en febreiro de 2023. Máis dun ano despois, aínda non se teñen concluído os trámites que permitan retomar os traballos cos consecuentes prexuízos para praceiros e usuarios do mercado. Ademais da falla de dilixencia para poder retomar as obras, dende o BNG denuncian tamén a falla de diálogo cos afectados posto que non foron consultados para o deseño desta actuación.

Insisten os nacionalistas que, ademais de executar as obras, o concello e a Xunta deben traballar nun plan para promover o comercio local fomentando o consumo de produtos de proximidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí