Ribeira acollerá a lonxa máis grande de toda Galicia

    presentacionlonxaribeira_100.jpgRIBEIRA> Portos de Galicia investirá 17 millóns de euros na construción da nova lonxa de Ribeira, que será a de maior tamaño de Galicia.

    {flowplayer}barbanza/presentacionlonxaribeira.flv{/flowplayer}

    O espazo que ocupará a futura lonxa, a coñecida como explanada dos redeiros, foi o lugar escollido para albergar a presentación deste esperado proxecto, definido polo presidente de Portos de Galicia, como ‘a catedral do mar’.

    Colectivos sociais e empresariais do municipio así como representantes políticos da comarca déronse cita para coñecer os pormenores desta infraestrutura, que, segundo verbas de Álvarez –Campana, é ‘unha obra de arte funcional’ que será ‘un referente para as vindeiras lonxas que se constrúan, a partir de agora, en España’.

    A futura lonxa de Ribeira será a máis grande de Galicia. As instalacións acadan os dezasete mil metros cadrados de superficie, o que permitirá multiplicar por tres o espazo destinado a venda, exposición e poxa da rula actual.

    Edificio visitable

    O deseño foi realizado polo arquitecto César Portela e pola estudio de arquitectura Díaz y Díaz, que idearon un edificio visitable para a cidadanía. Estará distribuído en tres andares. Unha planta semisoto para aparcamento, unha planta baixa destinada a áreas de exposición, venta e poxa, almacéns e espazos de servizos. Por último, o andar superior acollerá zona de ventas, laboratorios, oficinas e unha cafetería.

    Está previsto que a construción deste inmoble, orzamentado en 17 millóns de euros, xere ó redor duns 150 postos de traballo directos. O prazo de execución das obras é de 38 meses e estímase que darán comezo no terceiro trimestre deste ano. O emprazamento escollido suscitará o traslado dos reideiros á zona do peirao comercial.

    Redacción Barbanza