Traballadores do hospital concéntranse en contra dos recortes

    concentracionrecorteshospitalbarbanza.jpgBARBANZA> Segundo o persoal deste centro sanitario as medidas que pretende poñer en marcha o Goberno Central non son a solución.

    {flowplayer}barbanza/concentracionrecorteshospitalbarbanza.flv{/flowplayer}

    Medio cento de traballadores do hospital da Barbanza, entre médicos, enfermeiros, auxiliares de clínica e personal de administración, concentráronse esta mañá ás portas do centro hospitalario, en contra dos recortes nos servizos públicos que pretende poñer en marcha o Goberno Central. Segundo a presidenta do comité de empresa deste hospital, Marián Rodríguez, estas medidas non son a solución e sempre van en prexuízo dos mesmos.

    Máis mobilizacións

    A convocatoria, baixo o lema, ‘Non te resignes! Loita!’, estaba convocada polos sindicatos e forma parte dun calendario de mobilizacións consensuadas a nivel galego e tamén doutras comunidades autónomas en tódolos servizos públicos iniciadas hai varias semanas.

    Redacción Barbanza