RIANXO> O concello de Rianxo volverá licitar a mellora da envolvente térmica no pavillón do colexio Brea Segade de Taragoña. O anterior concurso quedara deserto ante a suba dos custos polo que sairá a licitación cun orzamento que triplica o inicial.
De 30 mil a máis de 90 mil euros. Así se incrementou o orzamento de licitación para as obras da envolvente do Brea Segade de Taragoña despois de que o concurso inicial quedase deserto ante a imposibilidade das empresas de facer fronte á actuación cun presuposto tan axustado por mor da suba dos custos.
O proxecto contempla ademais melloras na cuberta e no interior do inmoble. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 18 deste mes de maio a través da plataforma de contratación pública.











