O centro social de Boiro convértese nun referente de dinamización a nivel galego

    centrosocial_100_010207.jpgBOIRO > Alumnos das Universidades de Santiago e A Coruña visitará o Centro Social de Boiro … 

     … para coñecer as actividades que se desenvolven nas súas instalacións así como o seu modelo de xestión participada. A iniciativa xurdeu durante o foro de participación cidadá celebrado no Pazo de Mariñán, no que un representante do centro boirés expuxo os usos culturais e sociais deste centro.

    O interese espertado polo centro boirés débese á multitude de actividades que acolle nas súas instalacións, que o converten nun eixo dinamizador da vida socio-cultural do municipio. Así o entenderon os representantes das Universidades da Coruña e de Santiago que asistiron ó foro de participación cidadá organizado pola Deputación da Coruña no que o técnico de Cultura de Boiro, Alberto García, deu conta do funcionamento do centro.

    centrosocial_200_010207.jpgAs instalacións contan cun moderno equipamento, dotado das últimas tecnoloxías, e nelas desenvólvense actividades do máis variado. Principalmente, o departamento de Cultura aposta pola creación contemporánea para promocionar ós novos artistas nos eidos cutural e audiovisual.

    Xestión participada

    O centro da servizo principalmente a dous sectores: a terceira idade e a xuventude. Cada día, unha media de trescentas persoas pasa polas súas instalacións; cifra que evidencia o seu importante papel dinamizador. Aínda que unha das características máis singulares é o seu modelo de xestión participada entre sector público, privado e os propios usuarios que, en moitas ocasións, autoxestionan espazos como a biblioteca ou os locais de ensaio.

    Os estudantes universitarios que acudan a coñece-las instalacións boiresas recibirán unha clase teórica sobre este sistema de xestión e realizarán unha visita guiada polas súas instalacións. Ademais terán a oportunidade de coñecer outros espazos do municipio nos que se desenvolven actividades sociais. As visitas están previstas para os meses de abril e maio e realizaranse en dous grupos de 75 alumnos das ramas de Pedagoxía e Acción Social.

    Redacción Barbanza