Lores pedirá a Feijoo que faga o Hospital Único en Montecelo

    previa_lores_feijoo100.jpgPONTEVEDRA> O alcalde recibirá mañá ó presidente da Xunta e pediralle que non atrase máis os proxectos que hai en marcha.

    {flowplayer}images/salnes/previa_lores_feijoo.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra recibirá mañá ó presidente da Xunta e pediralle que non atrase máis os proxectos que hai en marcha en Pontevedra. Fernández Lores considera que tanto a administración autonómica como a central teñen unha débeda histórica con este concello, e fala incluso dun apagón investidor nos últimos dez anos.

    Alberto Núñez Feijoo chegará ás doce do mediodía a Pontevedra, e logo da foto coa corporación e de asinar no libro de honra, escoitará as demandas do alcalde. Miguel Anxo Fernández Lores informou hoxe que lle entregará un dossier no que, entre outras cousas, reclamará que se empece xa coa obra do Hospital Único. O alcalde insistiralle en que Montecelo é o lugar idóneo.

    Por suposto, Lores reiteraralle a Núñez Feijoo que derogue o decreto das delegacións territoriais da Xunta. O alcalde insiste en que supón un paso atrás no estatus de Pontevedra como capital. Lores recollerá no seu dossier as necesidades do concello en equipamentos xurídicos e educativos, pero sobre todo, na rede viaria. Aquí urxe actuacións como a ronda Leste, ou a variante de Alba.

    O traslado de Ence segue nas demandas do Concello á Xunta. Lores pediralle a Feijoo que dea os pasos firmes para que sexa unha realidade incluso antes de 2018.

    Redacción Salnés