A praza de abastos de Barrantes abrirá a vindeira semana

    salomeprazaabastosz_100_010207.jpgRIBADUMIA > A alcaldesa de Ribadumia visitou as obras de remodelación do mercado de Barrantes que están a piques de rematar.

    A praza de abastos de Barrantes, en Ribadumia, podería entrar en funcionamento nunha semana.

    salomelidiaprazaabastosz_200_010207.jpgA estructura do edificio está case rematada e só queda instalar o mobiliario das praceiras, que actualmente están reubicadas nunhas casetas á entrada da praza. Con elas e co xefe das obras estivo hoxe a alcaldesa, Salomé Peña, e a concelleira Lidia Álvarez, que puideron comproba-la boa marcha dos traballos. Tanto é así, que o seu remate adiantouse en 3 meses, xa que nun principio estaba previsto para maio.

    prazaabastos_200_010207.jpgAs obras de remodelación consistiron na mellora do edificio e a incorporación de novos servizos, como aseos, que permitirán dinamizar e potenciar o comercio deste sector que ata o de agora traballaba en condicións moi precarias. O orzamento do proxecto foi de 42.500 euros e permitirá aumenta-los postos de venda dos catro actuais ata 12 coa nova bancada, que se irán cubrindo a medida que vaia habendo demanda.

    Moitos xa se interesaron por instalarse na nova praza. Anque as máis interesadas en que rematen as obras son as vendedoras actuais, que levan varios meses instaladas nuns casetos de obra diante da praza.

    Redacción Salnés