![]()
POBRA > O PSOE da Pobra realizou unha dura crítica con respecto ó papel do director do Museo Valle-Inclán tralas inundacións que provocaron danos no centro.
Os responsables do PSOE consideran que a situación era previsible polo que se debería ter tomado as medidas pertinentes para evitala e instan á dirección do museo e ó executivo a garantir a seguridade dos fondos documentais no caso de novas chuvias.
A reacción dos membros da agrupación socialista vén a raíz dunhas declaracións efectuadas á prensa polo director do Muso Valle-Inclán, Antonio Gonzalez Millán, nas que explica que a súa responsabilidade l’imítase ó museo de portas para adentro e non ó estado no que se atopaba a rede de saneamento no pasado mes de novembro’, cando se produciron as inundacións.
Para os representantes do PSOE local esá afirmación constitúe ‘unha incongruencia e unha gravísima irresponsabilidade’ posto que, ata hai pouco, el era membro do goberno e, como tal, responsable das infraestrutras municipais. A este respecto consideran que González Millán debería asumir a responsabilidade dos danos ocasionados no museo posto que, ó seu parecer eran previsibles, e piden que se tomen as medidas oportunas para evitar unha nova catástrofe.
Por outra banda, os socialistas poñen en dúbida que os fondos poidan ser restaurados totalmente e que o centro poida reabri-las súas portas nos prazos previstos polo goberno municipal.
Así mesmo cuestionan a labor de Antonio González Millán como director do museo, posto que consideran que foi creado ‘exclusivamente para el’ e critican o feito de que se pretenda incrementar o persoal para xestionar a sala.











