Os traballadores de Elnosa inician as mobilizacións no concello

    manifestacionelnosa_100_050207.jpgPONTEVEDRA > Os traballadores de Elnosa, filial do Grupo Ence, levan 4 meses esperando a ter unha reunión co alcalde de Pontevedra…

    … Fartos de esperar hoxe plantáronse cunha pancarta no Concello pero aínda así non os recibiu. O goberno local insiste en que a renovación da declaración ambiental a Elnosa non é legal.

    manifestacionelnosa_200_050207.jpgComisións Obreiras iniciou hoxe o calendario de mobilización cos traballadores de Elnosa, a filial que Ence ten en Lourizán. Un pequeno grupo de traballadores colocou nas escaleiras interiores do Concello de Pontevedra unha pancarta na que se podía ler ‘Pola defensa dos postos de traballo na nosa terra que o BNG quere eliminar’. O motivo é a paralización a Elnosa da renovación da declaración ambiental integrada por parte das administracións autonómica e local. En outubro remata o prazo e se non se despexa o asunto a planta terá que pechar.

    Os traballadores de Electroquímica del Noroeste solicitaron hai 4 meses unha reunión co alcalde para falar deste asunto e ata o de agora aínda non obtiveron resposta. Por iso esta primeira protesta ante o Concello, quen emitiu informe negativo á Xunta para paralizar a renovación da declaración ambiental integrada a Elnosa. Unha posición que Comisións ve como unha guerra declarada ó emprego industrial. ‘Estamos fartos de servir como arma electoral’, sinalou Xaime Iglesias, presidente do Comité de Empresa de Elnosa.

    Redacción Salnés