A Pobra completa o Plan de Camiños Rurias co asfalatdo de 17 pistas máis

    pistasruraispobra_100_060207.jpgPOBRA > A Deputación da Coruña aprobará en febreiro a pavimentación de dezasete pistas rurais

    … no concello da Pobra, incluído no Plan Provincial de Obras e Servizos. Con esta actuación, que vén complementar o plan de mellora de camiños promovido pola Consellería de Medio Rural, tódalas pistas e os accesos dos núcleos pobreses quedarán en perfectas condicións para o tránsito dos veciños.

    Na actualidade, xa se está a acometer nas distintas parroquuias da Pobra a pavimentación e mellora de catorce camiños rurais, incluídas no proxecto ‘Camiño de Outeiro e Outros’ dentro do Plan promovido pola Xunta de Galicia.

    Agora, o concello anunciou o asfaltado de dezasete novas pistas, por un importe de 205 mil euros, financiados pola Deputación da Coruña dentro do Plan de Obras e Servizos en colaboración co executivo.

    Os camiños, obxecto de mellora, son o tramo de Sanquelexo, Xallería, Camiño Angustia, Petón de Xisto, Cricha de Poniente a Ponte dos Patos, Portocarro, Hórreo á Lomba e Raposiños na parroquia de Posmarcos. En Santa Cruz de Lesón asfaltarase o tramo de Romeiras a Poza de Moraña, Paio e o tramo Gándara-Quintáns-Lesón mentres que na parroquia do Xobre procederase ó acondicionamento de Devesa, Camiño Real, Costa-Lombiña, Vilariño-Xobre, o tramo Campiño-Cercias-Outeiro e Costa-Vilariño.

    Con estas actuacións, o executivo da por concluída a mellora integral das infraestrutras rurais aínda que apelan á colaboración veciñal para dar conta da existencia das pistas que puideran atoparse en mal estado.

    Abastecemento e saneamento

    En todos estes camiños pendentes de asfaltado xa se acometeu hai pouco a instalación das redes de abastecemento e saneamento para completa-la dotazón de servizos básicos a toda a cidadanía. A excepción é Petón do Xisto, onde se acometerá a renovación da rede antes de incia-la pavimentación.

    O concelleiro de Obras informou tamén de que as pavimentacións que xa están en marcha, incluídas no Plan da Xunta, marchan a moi bo ritmo e a empresa adxudicataria, Caldevargazo, xa leva executado o 40 por cento da obra. Está previsto que a seguinte fase, coa pavimentación destas dezasete pistas, dea comezo a principios de abril.

    Redacción Barbanza