![]()
CAMBADOS / SANXENXO > Benito Paz foi enviado ó cárcere da Lama tras prestar declaración no xulgado número dous de Cambados, a onde chegou preto das dez e media da mañá.
Benito Paz entrou directamente ó garaxe do xulgado de Cambados sobre as 10:30 h., evitando así a gran expectación xerada polo que é o primeiro caso de violencia de xénero en Galicia neste ano. A declaración de Paz non deixou dúbida para o xuíz que dictou para el orde de ingreso en prisión. Sobre a unha e media partía dende Cambados cara A Lama.
Concentración silenciosa
Xustamente mentres o home era conducido ó cárcere, no instituto de Vilalonga mantíñanse uns minutos de silencio en repulsa por este novo episodio de violencia de xénero que lle custou a vida á nai dunha das súas alumnas. É é que a filla pequena do matrimonio estuda segundo de bacharelato neste centro polo que tamén pasaron os seus irmáns maiores. Por iso hoxe os profesores estaban especialmente afectados.
A situación é especialmente delicada, xa que a este suceso se une a morte hai un mes doutra alumna nun accidente de tráfico en Sanxenxo no que resultaba ferida outra estudante deste centro que aínda continúa hospitalizada. Os profesores falaban hoxe da lacra que supón para a nosa sociedade os accidentes de tráfico e a violencia de xénero e piden unha actuación máis eficaz por parte das autoridades competentes para evitar casos coma éstes.
Dende o instituto aseguran non coñecer case nunca a situación familiar dos seus alumnos, especialmente os de bacharelato. No caso de Eva, os seus pais nunca pasaron polo centro para falar cos profesores, algo habitual nestes casos de desestructuración familiar.
Redacción Salnés









